Avda. de la Habana, 41 - 32003 OURENSE
Teléfono: 988 37 26 00
Fax: 988 37 26 66
E-mail: coaatourense@coaatourense.es
http://www.coaatourense.es
Colexio Oficial de Aparelladores e Arquitectos Técnicos de Ourense é unha asociación de dereito público que agrupa a máis de 400 arquitectos técnicos e aparelladores que exercen a súa profesión na provincia de Ourense.
Ademáis das funcións de ordenación, control do exercicio e vela da deontoloxía profesional, tamén é unha entidade ó servicio dos colexiados, ocupándose do visado dos encargos de traballo e das documentacións técnicas, da xestión de honorarios, do asesoramento e apoio en aspectos xurídicos e fiscais, da realización de cursos e do acceso a información relacionada coa profesión.
Con esta páxina web, o C.O.A.A.T. de Ourense pretende potenciar a súa vocación de servicio e simplificar a realización de trámites como a obtención de información de todo tipo, así como ofrecer á sociedade a posibilidade de que coñezan máis a fondo a nosa profesión e a institución que nos representa.
